16/10/11

Apoiamos as medidas de presión do profesorado


Esta vez non concordamos ca Federación de ANPAs. Na nosa xunta directiva pensamos que a Consellería de Educación está tomando medidas que están a poñer en risco ao ensino público en Galiza.
Creemos que a gran maioría do profesorado estivo nos últimos anos desempenando unha gran labor educativa, demostrando gran profesionalidade e sacrificio persoal, e en moitísimos casos ten desempeñado e seguen a desempeñar tarefas que están moi por encima das súas responsabilidades profesionais.
Entendemos que o que está a suceder no ensino público en Galiza non é, en xeral, responsabilidade do profesorado, senón principalmente da Administración Pública, que en moitas ocasión mesmo ten desprestixiado ao colectivo de ensinantes.
Creemos que o aumento de horas lectivas do profesorado non vai repercutir na calidade do ensino nin na dedicación do profesorado, senón que polo contrario, esa dedicación a labores de custodia do alumnado, e apoios na aula, van en detrimento das posibilidades de dedicación a actividades extra-escolares e complementarias por parte do profesorado, que van servir para suprimir persoal docente, e para substitución das baixas de menos de 15 días do profesorado.
As familias e o profesorado temos reclamado pola vía administrativa ante a administración as enormes carencias de medios tanto persoais como materiais que estamos a padecer, mais atopamos que a situación, en contra de mellorar, vai cada vez peor.
Por todo o exposto, creemos que a medida de presión proposta polo profesorado é perfectamente lexítima, e que a situación debe reverter ao acordado no ano 2007, e polo tanto apoiamos as medidas adoptadas polo claustro de profesores e o Consello Escolar de suprimir as actividades complementarias.
Somos conscientes de que esta é unha medida que pode prexudicar ás nosas fillas e fillos, e por iso pediremos ás familias a súa implicación persoal para tratar de suplir o labor desempenado polo profesorado ata o momento. Agardamos, deste xeito, non só cubrir en parte ditas actividades, senón poñer en valor as tarefas desenvolvidas polo profesorado no eido das actividades extra-escolares, e concienciar á comunidade educativa da súa importancia.