28/10/13

           


         
          Neste mes de Novembro dará comezo un curso de PARKOUR para os alumnos do IES. Os alumnos socios da ANPA terán subvencionados pola asociación 5€ dos 15€ mensuales. Será os martes de 18.30h a 19.30h e os sábados de 13.00h a 14.00h. 





HOLA A TOD@S!. .

        DENDE A ANPA CARAMECHEIRO ESTIVEMOS DÁNDOLLE  VOLTAS A QUE ACTIVIDADE PODERIAMOS ORGANIZAR PARA O SAMAÍN EVITANDO QUE SE PERDERAN MÁIS CLASES DADO QUE A SEMANA PASADA XA SE PERDERON MOITAS, E AO MESMO TEMPO QUE NON QUEDARA SEN CELEBRARSE O SAMAÍN, UNHA FESTIVIDADE HERDADA DOS NOSOS ANTERGOS OS CELTAS E AGORA RECUPERADA GRAZAS AS INFLUENZAS DOS ANGLOSAXÓNS NA CULTURA AMERICANA QUE NOS BOMBARDEA.
POIS A DECISIÓN FOI :
-- UN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CO TEMA “O SAMAIN", FEITAS CON TELÉFONO MÓBIL  PODENDO SER RETOCADAS UNICAMENTE CON INSTAGRAM. 
--PODERAN CONCURSAR TÓDOS OS ALUMNOS MATRICULADOS NA ESO E BACHARELATO NO IES Nº 1 DE RIBEIRA .
--SUBIRAN AS FOTOGRAFÍAS QUE CONCURSEN Á PÁXINA DE FACEBOOK DA ANPA,(anpa caramecheiro) PODENDO SUBIR A CONCURSO SOLO UNHA FOTO POR PERSOA 
--A FOTO DEBE LEVAR UN TÍTULO 
--ADEMÁIS DE SUBIR A FOTO Á NOSA PÁXINA DE FACEBOOK, E IMPRESCINDIBLE ENVIAR UNHA MENSAXE PRIVADA COS DATOS PERSONAIS: nome e apelidos, curso e clase na que está o alumno concursante e o por suposto non esquecer indicar o título da foto q lle pertence.
--CONCURSARÁN AS FOTOS QUE ENTREN NA PÁXINA DENDE O LUNS 28 DE OUTUBRO HATA AS 00.00H DO MARTES 5 DE NOVEMBRO 2013.
--GANARÁ A FOTO QUE MAIS "ME GUSTA " ACADE HATA AS 00.00H DO MARTES 5 NOVEMBRO, EN CASO DE EMPATE DECIDIRAN O GAÑADOR UN XURADO DE MEMBROS DA DIRECTIVA DA ANPA ASESORADO POR UN PROFE DE PLÁSTICA OU EXPERTO EN FOTOGRAFIA.
--OS PREMIOS SERÁN:1º PREMIO,UN VALE DE 150€ SE O ALUMNO CONCURSANTE É SOCIO DA ANPA E DE 50€ SE NON FOSE SOCIO (para consumir no mes de NOVEMBRO nos negocios que participan na campaña de descontos da ANPA. 2ºPREMIO,UNHA MERENDA NUNHA PIZZERÍA OU BOCATERÍA DE RIBEIRA NO MES DE NOVEMBRO POR VALOR DE 30€ SI É SOCIO E DE 20€ SI NON É SOCIO DA ANPA.3ºPREMIO UNHA ENTRADA NO CINE DE RIBEIRA CON PALOMITÓN E REFRESCO.TODOS OS VALES PARA CONSUMIR NO MES DE SANTOS (NOVEMBRO).

26/10/13

 



                                 Bueno pois xa temos data para comentar a lectura de "Laura no Deserto" de Antón Riveiro Coello ademáis como xa vos dixemos, contaremos cun invitado moi especial..... o propio autor!!.
                             Será o 20 de Novembro , como sempre ás 20.30h no Ateneo Valle Inclán do Bar Plaza.
                             Aquí vos deixamos unha ligazón para que podades ler as primeiras páxinas da novela.


 http://www.casadellibro.com/leer?li=1&isbn=9788498658705   
  

   A ver se vos engancha!!
             


                 A día de hoxe podemos dicir que as xornadas de folga e a concentración do xoves 24 Octubre foron un éxito de participación tanto de profes como de alumnado e pais. E duro falarmos de éxito cando nos referimos a unha folga, máis o éxito está na vontade de sacrificio e a conciencia de responsabilidade que unha sociedade demostra loitando por unha causa tan noble, xusta e necesaria como é a defensa do dereito universal a dispoñermos dunha lei de educación pública digna, de calidade  plural e consensuada para todos. Parabéns a tod@s e desexamos sinceramente que non vos aburrades de reclamar o que nos queren arrebatar. Deixámosvos unha escolma de imaxes da xornada do 24O. Nas fotos apreciase perfectamente o intento do Concello de boicotear o acto mantendo apagadas as luces da praza mentras o resto do alumeado público a levaba horas acendido xuzgade vós mesmos.




                                   
                                                                               Nesta última foto tomada ao día seguinte apreciase claramente como as luces da Praza están xa acendidas pese a haber luz natural aínda.


21/10/13

                   
                                               INFORMACIÓN A PAIS SOBRE A FOLGA

                   Lembrade que a folga está convocada por 3 días, o 22 o 23 e o 24 de Outubro, pero o 22 e 23 convocan únicamente os estudantes, non profes nin pais; esto significa que esos dous primeiros días só poderán facer folga os alumnos dos cursos a partires de 3º de ESO inclusive , os de 1º e 2º non poden aínda exercer o dereito a folga e polo tanto a falta non será xustificable polo motivo de folga. Para o día 24 a folga é convocada polos docentes e tamén polas ANPAs e polo tanto teñen que xustificala os pais. Por outra banda os días 22 e 23 os alumnos dos cursos superiores a 2º de ESO, ou sexa 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato terán que xustificar a falta. Aquí vos poñemos  o modelo oficial de xustificante que nos envian da Federación de ANPAs para que non vos poñan problema.

_Con relación á inasistencia a clase por parte do alumnado, o vindeiro

día 24 de outubro, é de aplicación a Disposición final primeira da
LOE, en cuxo punto 5 modifica o artigo 8 da LODE e o deixa coa
seguinte redacción, que está plenamente vixente:

"Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos
nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os
centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de
organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos
poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as
Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os
alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria
obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a
consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando
teñan sido resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan
comunicadas previamente á dirección do centro. "
É dicir, que se o alumnado dun centro se reuniu en Asemblea e
decidiron non asistir a unha ou a varias clases, durante un ou varios
días (o que é unha folga de estudantes), abonda con el e coa
comunicación á dirección. Para os alumnos onde non se realizasen
Asembleas (motivo polo cal as Administracións intentan prohibilas con
variados argumentos), será de aplicación a falta de asistencia e a
necesidade de xustificala. O mesmo acontece co alumnado que estea nun
curso inferior ao terceiro da ESO
Para xustificar as devanditas faltas serven os modelos adxuntos, que
foron revisados por un asesor xurídico.
Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial

--------------------------------------------------------------------------------------------

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO

D. /Dna. _______________________________________________________
pai/nai/titor-a do alumno/a

_____________________________________________________ do grupo _____,

comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu
fillo-a/tutelado-a do pasado día ____ de ____________________ de
______, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha
decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, se fose
necesario, será explicada ante as instancias oportunas que teñan
capacidade e dereito a coñecer esta.

Asinado en __________________ a ____ de ____________________ de ____

O/a pai/nai/titor-a


Asdo.: _________________
DNI: _________________

Á atención do Director/Directora do centro educativo
____________________________________________


                        

                                  Queremos informarvos da decisión tomada pola nosa ANPA Caramecheiro do IES nº1 de Ribeira, de secundar a convocatoria de FOLGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO do vindeiro 24 de outubro. Con este obxectivo, apoiamos todas as iniciativas que se leven a cabo nesa data que teñan como motivo
                  -defender o ensino público dos recortes orzamentais
                  - e o total rexeitamento da LOMCE.

                    A tal fin, dende a ANPA Caramecheiro convidamos como membros que somos da "Asemblea pola defensa do ensino público do Barbanza" (independente de partidos políticos e sindicatos, únicamente formada polas ANPAs,estudantes, mestres e profesores a título personal da nosa comarca) a todos os membros da comunidade educativa (familias, alumnado e profesorado) a participar na CONCENTRACIÓN-CACEROLADA o mesmo día 24 Outubro ás 19.30h na praza do Concello.
                        Acudide con algún obxecto que faga ruido e camisetas,paraguas...prendas verdes
                         
                                QUE SUBA A MAREA VERDE!!,   FAGAMONOS OIR!!
                                           Podedes unirvos ao evento en Facebook           https://www.facebook.com/events/223086671185399/


9/10/13

     
                                                 



                          Queremos lembrar a todos que mañán xoves 10 Outubro ás 19.00h terá lugar no salón de actos do IES nº1 a xuntanza da Asemblea pola defensa do ensino público do Barbanza. Esta xuntanza está aberta a toda a comunidade educativa da comarca.
                                       




                       Como xa vos dixemos, estabamos pendentes da resposta a nosa invitación do autor A. Riveiro Coello ao clube de lectura para poñer a data da xuntanza despois de ler a Laura no Deserto
                        Pois xa temos confirmada a presencia de Antón Riveiro Coello no Ateneo Valle-Inclán para acompañarnos e comentar con nós  "Laura no Deserto", será  o día 21 de Novembro ás 20.45h.
                       Vémonos pois alí !!.
  Na seguinte ligazón podedes ir botandolle un ollo ás primeiras páxinas e si vos engancha a por él         http://www.casadellibro.com/leer?li=1&isbn=9788498658705
   

7/10/13

                



                       Ide facendo sitio na axenda para unha das actividades máis interesantes da nosa ANPA para este curso, a " Escola de Nais e Pais", a primeira sesión será o mércores 16 de Outubro ás 19.00 h no salón de actos do IES Nº1. Alí vos esperamos a todas as nais,pais, profes...educadores en xeral. Aquí vos deixamos un enlace á presentación das profesionais que están detrás e diante de esta Escola de Nais e Pais.  https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=XkAApQseqBE#t=18

5/10/13

                 



      Ola!, Hoxe temos que informarvos de un cambio de plans nunha das actividades da ANPA. Como moitos xa sabedes está programada a Escola de Nais e Pais que se realizará unha vez ao mes e tiñamos programado o comezo para este mércores 9 Outubro, pois ben un pequeno problema de organización obriganos a cambiar a primeira sesión para o vindeiro mércores 16 Outubro ás 19.00h no salón de actos do IES nº 1 de Ribeira. Contamos con vós para esta experiencia de aprendizaxe para educar... asegurámosvos que non vos ides arrepentir!!

Próximas xuntanzas da Asemblea do ensino público Barbanza

   





   Ola!!
  Recibimos información da Asemblea de que a xuntanza da mesma este mes vaise realizar no IES nº1 o vindeiro xoves día 10 de Outubro ás 19.00H. Son xuntanzas abertas a toda a comunidade educativa ( pais,nais, profes, estudantes...) na que toda aportación encamiñada á defensa do ensino público de calidade e concretamente contra a LOMCE será escoitada .
   Deixámosvos tamén un enlace para si queredes participar na consulta cidadá que a "Platforma Estatal por la escuela pública" está levando a cabo : http://consultaciudadanaporlaeducacion.org/







            Deixámosvos esta foto porque esperamos que o espíritu de aquel día non se vos esqueza, a loita  continúa :


                                         



1/10/13

Ola de novo!!
Mañán os socios recibiredes a circular ca información das actividades para adultos ( pais/nais,hirmáns,avós...), os non socios...a que estades esperando?!!  ;D ...poderedes disfrutar de moitas ventaxas, de todos xeitos aquí vos deixamos a información!!:

- Ximnasia (impartida por un profesor titulado INEF ): LUNS, MARTES de 20.30h a 21.30h e o VENRES de 19.30 a 20.30 no ximnasio do IES nº1, o custo da actividade é de 15€ para socios e 20€ para non socios. 







- Informática: LUNS e XOVES de 20.00h a 21.30h na academia Era Dixital en Palmeira, o custo da actividade é de 10€ para socios e 25€ para non socios.
Poderedes anotaos a estas actividades na sala de reunións da anpa os martes de 18.00h a 19.00h. Para levar a cabo ambas actividades precísase un mínimo de 12 inscripcións.
    A idea é de comezar ca ximnasia o día 14 outubro e a informática será a partires de 15 xaneiro, máis canto antes vos anotedes máis axiña nos organizamos.
Tamén no teléfono da anpa: 634 851 860
                                                   
Informámosvos tamén de q temos na páxina do facebook de Anpa Caramecheiro o evento creado para a charla de "Alimentación Saudable" que a ANPA Caramecheiro vai ofrecer no salón de actos do IES este xoves 3 de octubre ás 19.00h, lembrade que é de balde e aberta a todo o público.


                       


                   

Próximas lecturas programadas polo Clube de Lectura

 Para o día 24 de Outubro 2013 ás 20.30h, a lectura q temos programada é a última novela do recientemente finado Tom Sharpe, "Los Grope"aquí vos deixamos un enlace por si queredes botarlle un ollo.   http://www.anagrama-ed.es/titulo/CO_196.
   Animádevos a participar nestas entretidas xuntanzas do Ateneo Valle-Inclán no Bar Plaza.
    Para Novembro temos xa programada a lectura de "Laura no Deserto" de Antón Riveiro Coello, máis esperamos contar ca presenza do autor polo que aínda non temos precisada a data.
...seguiremos informando. Saudos!