PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA
O Concello de Riveira, Asociación Renacer e a Fundación
Galega contra o Narcotráfico organizan, un ano máis, a campaña de
sensibilización social “Panos brancos contra a droga”.
O acto central de Panos Brancos consiste nun pequeno percorrido,
o sábado 23 de xuño, a partir da 11.30 h, por diversas rúas da cidade no que
personalidades e autoridades portan a bandeira branca como símbolo do
rexeitamento da sociedade galega fronte ao narcotráfico e como aposta por unha
vida libre de adiccións.
Contando coa colaboración das ANPAs de Riveira, estas
asociacións participan na medida do posible como abandeiradas na marcha branca durante
o percorrido pola cidade.
PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA. ACTOS CENTRAIS
Riveira. 23 de xuño (sábado). 11.30 a 12.30 h.
Actos previstos
Lectura do Manifesto Panos Brancos 2012
Saída dende o Concello de Riveira e percorrido da
bandeira polas rúas do contorno.
Firma da bandeira branca contra a droga.
Actuacións artísticas e musicais.