“TALLER DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR” DO IES Nº1 DE
RIBEIRA
Charla presentación impartida por Carmen Morell Muñoz
VENRES, 15
de NOVEMBRO
ÁS 19.30 H
SALÓN DE
ACTOS DO CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS
R/ Manuel
Lustres Rivas, 20, 2º (fronte á Biblioteca Municipal)
Queremos invitar a toda a
comunidade escolar dos Centros Públicos de Ribeira a esta charla para dar a
coñecer o “Taller de Prevención do Acoso Escolar” que se vai realizar para os
alumnos de 2º de ESO no IES Nº1 de Ribeira. Este taller constará de dúas sesión
mensuais (sempre no horario escolar das materias de cidadanía ou titoría…)
durante os próximos 6 meses.
Tanto a Charla coma o Taller
forman parte dun proxecto que a ANPA Caramecheiro do IES Nº 1 vén valorando desde
o curso pasado ao observar a necesidade de información ás familias sobre a detección
e prevención do acoso escolar, así como a actuación inmediata
ante esta situación, pensando ademais que se trata dun problema que non sempre
remata ao superar a adolescencia, senón que habitualmente se converte no xerme de
futuros acosadores e acosadoras noutros ámbitos sociais e circunstancias
(acosadores sexuais, laborais, familiares…).
Esperamos que sexa do voso interese,
xa que é una actividade gratuíta totalmente subvencionada pola ANPA, o que
supón un esforzo económico considerable para esta asociación, que se asume
conscientemente dada a importancia que para a nosa comunidade ten esta
oportunidade de despexar moitas dúbidas á hora de enfrontarse a un problema
para o que non sempre contamos coa información precisa que nos facilite
reaccionar con efectividade.
Por todo isto esperamos que
aproveitedes esta oportunidade de contar cunha magnífica profesional licenciada
en psicoloxía clínica, Carmen Morell Muñoz.
Ao rematar a charla entregaranse os premios do “Concurso
fotográfico Samaín 2013”
Contamos coa vosa presenza. Un saúdo afectuoso!
Carmen Morell Muñoz
Terapeuta
familiar ou sistémica desde hai máis de quince anos en
consulta privada en Santiago de Compostela e recentemente en Ribeira.
Desenvolve tamén o seu traballo como perito xudicial para casos de penal, familia e
menores, traballou durante o tempo de duración dun programa (10 anos aprox.) en
terapia familiar a menores inmersos en procesos xudiciais, ou doutro tipo,
derivados por Menores á Asociación de Terapia Familiar de Galicia. Así
mesmo exerce como terapeuta en programas de atención a vítimas de
maltrato no ámbito familiar e no programa para homes con control de impulsos
e condutas violentas no ámbito familiar, que están coordinados polo COPG e que
dependen de Igualdade.
Impartiu cursos para estudantes universitarios e de
secundaria sobre técnicas de estudo e mellora de rendemento; para homes
condenados por delitos de maltrato nas relacións de parella, dependendo
de Servizos Sociais Penitenciarios; para psicólogos/as sobre terapia
familiar e realización de informes periciais en casos de familia e penal.
Durante catro anos asumiu a presidencia
da Sección de Psicoloxía Xurídica del Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o que lle supuxo
traballar coordinando moitas actividades propias da sección e organizando
cursos para profesionais da psicoloxía xurídica. Organizou tamén tres intercambios
culturais entre
Santiago de Cuba e Santiago de Compostela, o que implicaba a realización duns
dez días de actividades abarcando todos os posibles ámbitos da cultura, cun
grupo de artistas moi numeroso (unhas cincuenta persoas) consistente en
actividades gratuítas, en hospitais infantís, en prazas, murais colectivos,
teatro, música, cine, danza, circo, etc.
Isto é, de forma moi resumida, parte da experiencia
profesional de Carmen Morell Muñoz en traballos que supoñan reeducar condutas e desenvolver e
motivar os aspectos máis creativos en personalidades diversas e susceptibles en
situacións especialmente delicadas. Isto dá unha idea das inquedanzas e
aptitudes desta profesional e da grande oportunidade que se nos presenta ao
contar con ela para a realización desta charla e do taller que de forma
gratuíta ofrece a ANPA Caramecheiro.