Guía de recursos do ensino en Riveira en pdf
1/4/14
14/1/14
COMEZAMOS COA 2ª EDICIÓN DE CLASES DE INFORMÁTICA PARA SOCIOS DA ANPA CARAMECHEIRO
Dado o éxito acadado na primeira edición das clases de informática do pasado curso académico 2012/2013, comezamos este 2014 cunha segunda edición.
A información sobre as clases é a seguinte:
Duración: 3 meses (de febreiro a abril)
Días: serán dous días á semana e propoñemos as seguintes opcións, sendo elexida a opción que teña máis inscricións:
Opción A: luns e mércores
Opción B: luns e xoves
Horario: de 19.30 a 21.00 h
Lugar: Era Dixital (Palmeira)
Prezo: 10 eur/mes
Inscrición: deberán realizarse a través de anpacaramecheiro@gmail.com ou no horario de Atención a Nais e Pais, os martes de 18.00 a 19.00 na sala de xuntas do IES Nº1
Datos necesarios para a inscrición: nome e apelidos, nº de teléfono e enderezo electrónico
Prazo de inscrición: ata o 28 de xaneiro
10/11/13
7/11/13
“TALLER DE PREVENCIÓN DO ACOSO ESCOLAR” DO IES Nº1 DE
RIBEIRA
Charla presentación impartida por Carmen Morell Muñoz
VENRES, 15
de NOVEMBRO
ÁS 19.30 H
SALÓN DE
ACTOS DO CENTRO CULTURAL LUSTRES RIVAS
R/ Manuel
Lustres Rivas, 20, 2º (fronte á Biblioteca Municipal)
Queremos invitar a toda a
comunidade escolar dos Centros Públicos de Ribeira a esta charla para dar a
coñecer o “Taller de Prevención do Acoso Escolar” que se vai realizar para os
alumnos de 2º de ESO no IES Nº1 de Ribeira. Este taller constará de dúas sesión
mensuais (sempre no horario escolar das materias de cidadanía ou titoría…)
durante os próximos 6 meses.
Tanto a Charla coma o Taller
forman parte dun proxecto que a ANPA Caramecheiro do IES Nº 1 vén valorando desde
o curso pasado ao observar a necesidade de información ás familias sobre a detección
e prevención do acoso escolar, así como a actuación inmediata
ante esta situación, pensando ademais que se trata dun problema que non sempre
remata ao superar a adolescencia, senón que habitualmente se converte no xerme de
futuros acosadores e acosadoras noutros ámbitos sociais e circunstancias
(acosadores sexuais, laborais, familiares…).
Esperamos que sexa do voso interese,
xa que é una actividade gratuíta totalmente subvencionada pola ANPA, o que
supón un esforzo económico considerable para esta asociación, que se asume
conscientemente dada a importancia que para a nosa comunidade ten esta
oportunidade de despexar moitas dúbidas á hora de enfrontarse a un problema
para o que non sempre contamos coa información precisa que nos facilite
reaccionar con efectividade.
Por todo isto esperamos que
aproveitedes esta oportunidade de contar cunha magnífica profesional licenciada
en psicoloxía clínica, Carmen Morell Muñoz.
Ao rematar a charla entregaranse os premios do “Concurso
fotográfico Samaín 2013”
Contamos coa vosa presenza. Un saúdo afectuoso!
Carmen Morell Muñoz
Terapeuta
familiar ou sistémica desde hai máis de quince anos en
consulta privada en Santiago de Compostela e recentemente en Ribeira.
Desenvolve tamén o seu traballo como perito xudicial para casos de penal, familia e
menores, traballou durante o tempo de duración dun programa (10 anos aprox.) en
terapia familiar a menores inmersos en procesos xudiciais, ou doutro tipo,
derivados por Menores á Asociación de Terapia Familiar de Galicia. Así
mesmo exerce como terapeuta en programas de atención a vítimas de
maltrato no ámbito familiar e no programa para homes con control de impulsos
e condutas violentas no ámbito familiar, que están coordinados polo COPG e que
dependen de Igualdade.
Impartiu cursos para estudantes universitarios e de
secundaria sobre técnicas de estudo e mellora de rendemento; para homes
condenados por delitos de maltrato nas relacións de parella, dependendo
de Servizos Sociais Penitenciarios; para psicólogos/as sobre terapia
familiar e realización de informes periciais en casos de familia e penal.
Durante catro anos asumiu a presidencia
da Sección de Psicoloxía Xurídica del Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, o que lle supuxo
traballar coordinando moitas actividades propias da sección e organizando
cursos para profesionais da psicoloxía xurídica. Organizou tamén tres intercambios
culturais entre
Santiago de Cuba e Santiago de Compostela, o que implicaba a realización duns
dez días de actividades abarcando todos os posibles ámbitos da cultura, cun
grupo de artistas moi numeroso (unhas cincuenta persoas) consistente en
actividades gratuítas, en hospitais infantís, en prazas, murais colectivos,
teatro, música, cine, danza, circo, etc.
Isto é, de forma moi resumida, parte da experiencia
profesional de Carmen Morell Muñoz en traballos que supoñan reeducar condutas e desenvolver e
motivar os aspectos máis creativos en personalidades diversas e susceptibles en
situacións especialmente delicadas. Isto dá unha idea das inquedanzas e
aptitudes desta profesional e da grande oportunidade que se nos presenta ao
contar con ela para a realización desta charla e do taller que de forma
gratuíta ofrece a ANPA Caramecheiro.
28/10/13
DENDE A ANPA CARAMECHEIRO
ESTIVEMOS DÁNDOLLE VOLTAS A QUE
ACTIVIDADE PODERIAMOS ORGANIZAR PARA O SAMAÍN EVITANDO QUE SE PERDERAN MÁIS
CLASES DADO QUE A SEMANA PASADA XA SE PERDERON MOITAS, E AO MESMO TEMPO QUE NON
QUEDARA SEN CELEBRARSE O SAMAÍN, UNHA FESTIVIDADE HERDADA DOS NOSOS ANTERGOS OS
CELTAS E AGORA RECUPERADA GRAZAS AS INFLUENZAS DOS ANGLOSAXÓNS NA CULTURA
AMERICANA QUE NOS BOMBARDEA.
POIS A DECISIÓN FOI :
-- UN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CO TEMA “O SAMAIN", FEITAS CON TELÉFONO MÓBIL PODENDO SER RETOCADAS UNICAMENTE CON INSTAGRAM.
--PODERAN CONCURSAR TÓDOS OS ALUMNOS MATRICULADOS NA ESO E BACHARELATO NO IES Nº 1 DE RIBEIRA .
--SUBIRAN AS FOTOGRAFÍAS QUE CONCURSEN Á PÁXINA DE FACEBOOK DA ANPA,(anpa caramecheiro) PODENDO SUBIR A CONCURSO SOLO UNHA FOTO POR PERSOA
--A FOTO DEBE LEVAR UN TÍTULO
--ADEMÁIS DE SUBIR A FOTO Á NOSA PÁXINA DE FACEBOOK, E IMPRESCINDIBLE ENVIAR UNHA MENSAXE PRIVADA COS DATOS PERSONAIS: nome e apelidos, curso e clase na que está o alumno concursante e o por suposto non esquecer indicar o título da foto q lle pertence.
--CONCURSARÁN AS FOTOS QUE ENTREN NA PÁXINA DENDE O LUNS 28 DE OUTUBRO HATA AS 00.00H DO MARTES 5 DE NOVEMBRO 2013.
--GANARÁ A FOTO QUE MAIS "ME GUSTA " ACADE HATA AS 00.00H DO MARTES 5 NOVEMBRO, EN CASO DE EMPATE DECIDIRAN O GAÑADOR UN XURADO DE MEMBROS DA DIRECTIVA DA ANPA ASESORADO POR UN PROFE DE PLÁSTICA OU EXPERTO EN FOTOGRAFIA.
--OS PREMIOS SERÁN:1º PREMIO,UN VALE DE 150€ SE O ALUMNO CONCURSANTE É SOCIO DA ANPA E DE 50€ SE NON FOSE SOCIO (para consumir no mes de NOVEMBRO nos negocios que participan na campaña de descontos da ANPA. 2ºPREMIO,UNHA MERENDA NUNHA PIZZERÍA OU BOCATERÍA DE RIBEIRA NO MES DE NOVEMBRO POR VALOR DE 30€ SI É SOCIO E DE 20€ SI NON É SOCIO DA ANPA.3ºPREMIO UNHA ENTRADA NO CINE DE RIBEIRA CON PALOMITÓN E REFRESCO.TODOS OS VALES PARA CONSUMIR NO MES DE SANTOS (NOVEMBRO).
POIS A DECISIÓN FOI :
-- UN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CO TEMA “O SAMAIN", FEITAS CON TELÉFONO MÓBIL PODENDO SER RETOCADAS UNICAMENTE CON INSTAGRAM.
--PODERAN CONCURSAR TÓDOS OS ALUMNOS MATRICULADOS NA ESO E BACHARELATO NO IES Nº 1 DE RIBEIRA .
--SUBIRAN AS FOTOGRAFÍAS QUE CONCURSEN Á PÁXINA DE FACEBOOK DA ANPA,(anpa caramecheiro) PODENDO SUBIR A CONCURSO SOLO UNHA FOTO POR PERSOA
--A FOTO DEBE LEVAR UN TÍTULO
--ADEMÁIS DE SUBIR A FOTO Á NOSA PÁXINA DE FACEBOOK, E IMPRESCINDIBLE ENVIAR UNHA MENSAXE PRIVADA COS DATOS PERSONAIS: nome e apelidos, curso e clase na que está o alumno concursante e o por suposto non esquecer indicar o título da foto q lle pertence.
--CONCURSARÁN AS FOTOS QUE ENTREN NA PÁXINA DENDE O LUNS 28 DE OUTUBRO HATA AS 00.00H DO MARTES 5 DE NOVEMBRO 2013.
--GANARÁ A FOTO QUE MAIS "ME GUSTA " ACADE HATA AS 00.00H DO MARTES 5 NOVEMBRO, EN CASO DE EMPATE DECIDIRAN O GAÑADOR UN XURADO DE MEMBROS DA DIRECTIVA DA ANPA ASESORADO POR UN PROFE DE PLÁSTICA OU EXPERTO EN FOTOGRAFIA.
--OS PREMIOS SERÁN:1º PREMIO,UN VALE DE 150€ SE O ALUMNO CONCURSANTE É SOCIO DA ANPA E DE 50€ SE NON FOSE SOCIO (para consumir no mes de NOVEMBRO nos negocios que participan na campaña de descontos da ANPA. 2ºPREMIO,UNHA MERENDA NUNHA PIZZERÍA OU BOCATERÍA DE RIBEIRA NO MES DE NOVEMBRO POR VALOR DE 30€ SI É SOCIO E DE 20€ SI NON É SOCIO DA ANPA.3ºPREMIO UNHA ENTRADA NO CINE DE RIBEIRA CON PALOMITÓN E REFRESCO.TODOS OS VALES PARA CONSUMIR NO MES DE SANTOS (NOVEMBRO).
26/10/13
Bueno pois xa temos data para comentar a lectura de "Laura no Deserto" de Antón Riveiro Coello ademáis como xa vos dixemos, contaremos cun invitado moi especial..... o propio autor!!.
Será o 20 de Novembro , como sempre ás 20.30h no Ateneo Valle Inclán do Bar Plaza.
Aquí vos deixamos unha ligazón para que podades ler as primeiras páxinas da novela.
http://www.casadellibro.com/leer?li=1&isbn=9788498658705
A día de hoxe podemos dicir que as xornadas de folga e a concentración do xoves 24 Octubre foron un éxito de participación tanto de profes como de alumnado e pais. E duro falarmos de éxito cando nos referimos a unha folga, máis o éxito está na vontade de sacrificio e a conciencia de responsabilidade que unha sociedade demostra loitando por unha causa tan noble, xusta e necesaria como é a defensa do dereito universal a dispoñermos dunha lei de educación pública digna, de calidade plural e consensuada para todos. Parabéns a tod@s e desexamos sinceramente que non vos aburrades de reclamar o que nos queren arrebatar. Deixámosvos unha escolma de imaxes da xornada do 24O. Nas fotos apreciase perfectamente o intento do Concello de boicotear o acto mantendo apagadas as luces da praza mentras o resto do alumeado público a levaba horas acendido xuzgade vós mesmos.
Nesta última foto tomada ao día seguinte apreciase claramente como as luces da Praza están xa acendidas pese a haber luz natural aínda.
21/10/13
INFORMACIÓN A PAIS SOBRE A FOLGA
Lembrade que a folga está convocada por 3 días, o 22 o 23 e o 24 de Outubro, pero o 22 e 23 convocan únicamente os estudantes, non profes nin pais; esto significa que esos dous primeiros días só poderán facer folga os alumnos dos cursos a partires de 3º de ESO inclusive , os de 1º e 2º non poden aínda exercer o dereito a folga e polo tanto a falta non será xustificable polo motivo de folga. Para o día 24 a folga é convocada polos docentes e tamén polas ANPAs e polo tanto teñen que xustificala os pais. Por outra banda os días 22 e 23 os alumnos dos cursos superiores a 2º de ESO, ou sexa 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato terán que xustificar a falta. Aquí vos poñemos o modelo oficial de xustificante que nos envian da Federación de ANPAs para que non vos poñan problema.
_Con relación á inasistencia a clase por parte do alumnado, o vindeiro
día 24 de outubro, é de aplicación a Disposición final primeira da
LOE, en cuxo punto 5 modifica o artigo 8 da LODE e o deixa coa
seguinte redacción, que está plenamente vixente:
"Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos
nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os
centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de
organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos
poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as
Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os
alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria
obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a
consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando
teñan sido resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan
comunicadas previamente á dirección do centro. "
É dicir, que se o alumnado dun centro se reuniu en Asemblea e
decidiron non asistir a unha ou a varias clases, durante un ou varios
días (o que é unha folga de estudantes), abonda con el e coa
comunicación á dirección. Para os alumnos onde non se realizasen
Asembleas (motivo polo cal as Administracións intentan prohibilas con
variados argumentos), será de aplicación a falta de asistencia e a
necesidade de xustificala. O mesmo acontece co alumnado que estea nun
curso inferior ao terceiro da ESO
Para xustificar as devanditas faltas serven os modelos adxuntos, que
foron revisados por un asesor xurídico.
Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial
------------------------------ ------------------------------ ------------------------------ --
XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO
D. /Dna. ______________________________ _________________________
pai/nai/titor-a do alumno/a
_____________________________ ________________________ do grupo _____,
comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu
fillo-a/tutelado-a do pasado día ____ de ____________________ de
______, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha
decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, se fose
necesario, será explicada ante as instancias oportunas que teñan
capacidade e dereito a coñecer esta.
Asinado en __________________ a ____ de ____________________ de ____
O/a pai/nai/titor-a
Asdo.: _________________
DNI: _________________
Á atención do Director/Directora do centro educativo
______________________________ ______________
-defender o ensino público dos recortes orzamentais
- e o total rexeitamento da LOMCE.
A tal fin, dende a ANPA Caramecheiro convidamos como membros que somos da "Asemblea pola defensa do ensino público do Barbanza" (independente de partidos políticos e sindicatos, únicamente formada polas ANPAs,estudantes, mestres e profesores a título personal da nosa comarca) a todos os membros da comunidade educativa (familias, alumnado e profesorado) a participar na CONCENTRACIÓN-CACEROLADA o mesmo día 24 Outubro ás 19.30h na praza do Concello.
Acudide con algún obxecto que faga ruido e camisetas,paraguas...prendas verdes
QUE SUBA A MAREA VERDE!!, FAGAMONOS OIR!!
Podedes unirvos ao evento en Facebook https://www.facebook.com/events/223086671185399/
9/10/13
Como xa vos dixemos, estabamos pendentes da resposta a nosa invitación do autor A. Riveiro Coello ao clube de lectura para poñer a data da xuntanza despois de ler a Laura no Deserto
Pois xa temos confirmada a presencia de Antón Riveiro Coello no Ateneo Valle-Inclán para acompañarnos e comentar con nós "Laura no Deserto", será o día 21 de Novembro ás 20.45h.
Vémonos pois alí !!.
Na seguinte ligazón podedes ir botandolle un ollo ás primeiras páxinas e si vos engancha a por él http://www.casadellibro.com/leer?li=1&isbn=9788498658705
Suscribirse a:
Entradas (Atom)