21/10/13

                   
                                               INFORMACIÓN A PAIS SOBRE A FOLGA

                   Lembrade que a folga está convocada por 3 días, o 22 o 23 e o 24 de Outubro, pero o 22 e 23 convocan únicamente os estudantes, non profes nin pais; esto significa que esos dous primeiros días só poderán facer folga os alumnos dos cursos a partires de 3º de ESO inclusive , os de 1º e 2º non poden aínda exercer o dereito a folga e polo tanto a falta non será xustificable polo motivo de folga. Para o día 24 a folga é convocada polos docentes e tamén polas ANPAs e polo tanto teñen que xustificala os pais. Por outra banda os días 22 e 23 os alumnos dos cursos superiores a 2º de ESO, ou sexa 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de bacharelato terán que xustificar a falta. Aquí vos poñemos  o modelo oficial de xustificante que nos envian da Federación de ANPAs para que non vos poñan problema.

_Con relación á inasistencia a clase por parte do alumnado, o vindeiro

día 24 de outubro, é de aplicación a Disposición final primeira da
LOE, en cuxo punto 5 modifica o artigo 8 da LODE e o deixa coa
seguinte redacción, que está plenamente vixente:

"Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos
nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os
centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de
organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos
poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as
Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os
alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria
obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a
consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando
teñan sido resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan
comunicadas previamente á dirección do centro. "
É dicir, que se o alumnado dun centro se reuniu en Asemblea e
decidiron non asistir a unha ou a varias clases, durante un ou varios
días (o que é unha folga de estudantes), abonda con el e coa
comunicación á dirección. Para os alumnos onde non se realizasen
Asembleas (motivo polo cal as Administracións intentan prohibilas con
variados argumentos), será de aplicación a falta de asistencia e a
necesidade de xustificala. O mesmo acontece co alumnado que estea nun
curso inferior ao terceiro da ESO
Para xustificar as devanditas faltas serven os modelos adxuntos, que
foron revisados por un asesor xurídico.
Saúdos
Xunta Directiva Federación Provincial

--------------------------------------------------------------------------------------------

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO

D. /Dna. _______________________________________________________
pai/nai/titor-a do alumno/a

_____________________________________________________ do grupo _____,

comunico mediante o presente escrito que a ausencia do meu
fillo-a/tutelado-a do pasado día ____ de ____________________ de
______, foi motivada por causas alleas á súa vontade, baseadas nunha
decisión familiar que pertence ao ámbito privado e que, se fose
necesario, será explicada ante as instancias oportunas que teñan
capacidade e dereito a coñecer esta.

Asinado en __________________ a ____ de ____________________ de ____

O/a pai/nai/titor-a


Asdo.: _________________
DNI: _________________

Á atención do Director/Directora do centro educativo
____________________________________________


                        

No hay comentarios: