22/1/08

Colabora cos profes, ca ANPA e cos teus fillos e fillas

A ANPA do IES número 1 de Ribeira cree que unha das misións máis importante que ten é a de colaborar na Educación dos nosos fillos e fillas co profesorado. Para iso entre outras cousas, temos que intercambiar ideas e experiencias e buscar xuntos solucións aos problemas que se expoñan, tanto os referentes aos nosos fillos como ao centro en xeral.

E niso estamos, e así témosllo demandado á dirección e ao profesorado do Centro. Eles tamén están moi receptivos cas nosas propostas, e estámonos a reunirnos con eles para concretar a nosa colaboración.

Polo de agora, o equipo de profesores que coordinan a biblioteca e o equipo de normalización lingüística xa ten concretada a nosa participación nun proxecto que están a poñer en marcha.

Trátase dun arquivo de recursos para o profesorado que os familiares esteamos dispostos a ofertar para desenvolver a actividade educativa fora do centro, ou de algún recuso que se poda aportar as actividades no centro.

¿Que é iso que demandan? Pois nada en concreto e moitas cousas xuntas. Como sabedes é conveniente que a practica educativa estea adaptada as circunstancias do entorno. Por iso tal vez ti coñezas a un armador dun barco pesqueiro que poda ser visitado polos rapaces e rapazas; ou saibas dun muíño que poda servir para explicar nunha aula de tecnoloxías como eran estas fai uns anos e ver no sitio como funcionan as súas diferentes partes; ou quizais o avó poda dar unha clase maxistral de música porque é un “virtuoso da gaita”; ou coñezas a un empresario que teña un negocio que pode ser interesante para os rapaces; ou... As propostas son infinitas. Agora só tes ti que transmitírnolas.

O feito que propoñas unha idea, non quere dicir que se vaia a utilizar. Simplemente é un recurso co que poden contar os profesores e profesoras para o ensino.

Por favor, tómate un pequeno esforzo en pensar en eses recursos e poñelos á disposición dos teus fillos e fillas e dos seus compañeiros. Paga a pena.

Só necesitamos. O teu nome e datos de contacto, o recurso proposto cun pequeno comentario das actividades que se podan desenvolver, do que se pode ver alí. O enderezo do recurso. O nome e os datos de contacto da persoa responsable do mesmo. E algunha observación que queiras facer sobre o mesmo. Se tedes unha foto tamén podería ser interesante.

Este é un modelo para que vos poda servir de referencia.

No hay comentarios: