14/4/09

Rosa Aneiros: Resistencia


No noso club de lectura, a vindeira semana faremos unha xuntanza extraordinaria. E é extraordinaria, non só porque imos saír un pouco do programa, senón porque contaremos coa autora do premio Arcebispo Juan de San Clemente á mellor novela en lingua galega: Rosa Aneiros.

A xuntanza terá lugar o martes 21 de abril no Salón de Actos do Instituto, e está encadrada dentro do programa da V Semana das Letras. A data é moi apropiada, pois a novela está ambientada na Revolução dos Cravos cuxo aniversario celebrarase o día 24.

Merece a pena pasarse pola web do Instituto e mirar o montón de actividades que ten programadas desde hoxe ata o final da vindeira semana. En algunhas (como en esta do Club de Lectura) tamén ten cabida o público en xeral.

Mirade que cartel máis guapo fixeron para a semana das letras:


Sen letras non hai paraíso


1 comentario:

marinela dijo...

Unha novela na q te mergullas rapidamente, pq os seus personaxes están tremendamente vivos, aínda q as situacións q viven pretendan anulalos
Unhas cuantas vidas tronzadas ao medio pola situación social e política
Un montón de datos sobre a historia máis recente de Portugal
Utiliza en moitas ocasións unha linguaxe nada coloquial, eu polo menos tiven q ir ao diccionario unhas cuantas veces...e algunhas palabras non as atopei...

Moi ben perfilados os personaxes, moi ben descritas as escenas

Hai un recurso estilístico q se repite unhas cuantas veces ao longo do libro, e q me gustou moito: enumera feitos concatenados, e vaino facendo de maneira acumulativa, e cambiando de cada vez a maneira de expresalo. Como cando describe o nacemento de Dinís.
Gustoume o libro, e gustoume saber (ignorábao) q en Portugal adicaron unha parte da fortaleza de Peniche, onde estiveron presos os opositores a Salazar e de onde conseguiu escapar, xunto con outros, Álvaro Cunhal, a museo da memoria
Iso mesmo q aquí levan pedindo dende hai tempo algúns con respecto a Carabanchel...