Entre os proxectos que temos pensado levar a cabo o vindeiro curso está a creación dun Banco de libros. Trátase basicamente de organizar dende a ANPA un intercambio entre entre as familias asociadas dos libros de texto. Para elo as persoas participantes entregaríamos os libros que xa non necesitamos e recibiríamos libros dos que doaron outras familias. Este ano empezaríase cos alumnos que empezan 1º ou 2º de bacharelato e, se sae ben, ampliarase á E.S.O no curso seguinte.
Os obxectivos deste programa son:
- Favorecer o aforro de cartos nas familias
- Fomentar no alumnado o sentido da solidariedade.
- Fomentar a idea da necesidade de conservación dos libros como instrumento de formación e coñecemento.
- Educar na conservación do medio ambiente a través do aproveitamento de materias primas.
Os pais interesados deberán ser socios da ANPA e comprometerse a:
- Doar os libros que teñan do curso anterior
- Coidar os libros: repoñer os forros deteriorados ou forrar os que non teñan forro, non escribir neles, etc.
- Devolver os que se reciban en préstamo cando remate o curso
- Cubrir a ficha (pinchade na ligazón para acceder) con tódolos datos requiridos pola ANPA cando entreguen os libros.
Podedes poñervos en contacto con nós no correo da ANPA anpacaramecheiro(arroba)hotmail.com ou nos teléfonos de Nacho: 607446536 e Leo: 666457338
No hay comentarios:
Publicar un comentario