Solicitámoslle o seu apoio á toma en consideración da ILP en defensa da sanidade pública.
Garantir
por lei o dereito á saúde e á asistencia sanitaria no sistema público,
con xestión e financiamento público, e respectando as áreas de saúde,
daríalle seguridade á cidadanía, preocupada e temerosa neste momento
polo futuro en xeral e polo futuro da sanidade pública en particular.
Apoiar
esta iniciativa lexislativa, avalada por moitos miles de persoas coa
súa sinatura e ilusión, é unha demostración de que este Parlamento está
en contra da privatización e de que o lucro e o negocio se fagan a costa
da nosa saúde.
Esperando o seu apoio, reciba un saúdo
No hay comentarios:
Publicar un comentario