05 octubre 2013

                 



      Ola!, Hoxe temos que informarvos de un cambio de plans nunha das actividades da ANPA. Como moitos xa sabedes está programada a Escola de Nais e Pais que se realizará unha vez ao mes e tiñamos programado o comezo para este mércores 9 Outubro, pois ben un pequeno problema de organización obriganos a cambiar a primeira sesión para o vindeiro mércores 16 Outubro ás 19.00h no salón de actos do IES nº 1 de Ribeira. Contamos con vós para esta experiencia de aprendizaxe para educar... asegurámosvos que non vos ides arrepentir!!

Próximas xuntanzas da Asemblea do ensino público Barbanza

   





   Ola!!
  Recibimos información da Asemblea de que a xuntanza da mesma este mes vaise realizar no IES nº1 o vindeiro xoves día 10 de Outubro ás 19.00H. Son xuntanzas abertas a toda a comunidade educativa ( pais,nais, profes, estudantes...) na que toda aportación encamiñada á defensa do ensino público de calidade e concretamente contra a LOMCE será escoitada .
   Deixámosvos tamén un enlace para si queredes participar na consulta cidadá que a "Platforma Estatal por la escuela pública" está levando a cabo : http://consultaciudadanaporlaeducacion.org/







            Deixámosvos esta foto porque esperamos que o espíritu de aquel día non se vos esqueza, a loita  continúa :


                                         



01 octubre 2013

Ola de novo!!
Mañán os socios recibiredes a circular ca información das actividades para adultos ( pais/nais,hirmáns,avós...), os non socios...a que estades esperando?!!  ;D ...poderedes disfrutar de moitas ventaxas, de todos xeitos aquí vos deixamos a información!!:

- Ximnasia (impartida por un profesor titulado INEF ): LUNS, MARTES de 20.30h a 21.30h e o VENRES de 19.30 a 20.30 no ximnasio do IES nº1, o custo da actividade é de 15€ para socios e 20€ para non socios. 







- Informática: LUNS e XOVES de 20.00h a 21.30h na academia Era Dixital en Palmeira, o custo da actividade é de 10€ para socios e 25€ para non socios.
Poderedes anotaos a estas actividades na sala de reunións da anpa os martes de 18.00h a 19.00h. Para levar a cabo ambas actividades precísase un mínimo de 12 inscripcións.
    A idea é de comezar ca ximnasia o día 14 outubro e a informática será a partires de 15 xaneiro, máis canto antes vos anotedes máis axiña nos organizamos.
Tamén no teléfono da anpa: 634 851 860
                                                   
Informámosvos tamén de q temos na páxina do facebook de Anpa Caramecheiro o evento creado para a charla de "Alimentación Saudable" que a ANPA Caramecheiro vai ofrecer no salón de actos do IES este xoves 3 de octubre ás 19.00h, lembrade que é de balde e aberta a todo o público.


                       


                   

Próximas lecturas programadas polo Clube de Lectura

 Para o día 24 de Outubro 2013 ás 20.30h, a lectura q temos programada é a última novela do recientemente finado Tom Sharpe, "Los Grope"aquí vos deixamos un enlace por si queredes botarlle un ollo.   http://www.anagrama-ed.es/titulo/CO_196.
   Animádevos a participar nestas entretidas xuntanzas do Ateneo Valle-Inclán no Bar Plaza.
    Para Novembro temos xa programada a lectura de "Laura no Deserto" de Antón Riveiro Coello, máis esperamos contar ca presenza do autor polo que aínda non temos precisada a data.
...seguiremos informando. Saudos!









         











23 septiembre 2013


                                      




 COMEZO DO NOVO CURSO 2013-2014
O próximo día 30 de setembro ás 19.30 h, no salón de actos do IES Nº1 realizarase a Asamblea de Nais e Pais dos alumnos no IES Nº1.
Nesta reunión, ademáis de dar conta das actividades realizadas no curso pasado e informar sobre o estado de contas, presentaránse as novas propostas de actividades para este curso e farase a votación para a incorporación de novos membros na xunta directiva.
Animámosvos, a todas as nais e pais,a participar nesta reunión e facer as achegas qeu consideredes.

Un afectuoso saúdo.
A Xunta Directiva da ANPA Caramecheiro do IES Nº1



15 febrero 2013

Club de Lectura: Recital poético

O 21 de febreiro xuntarémonos, coma sempre, ás 8'30 da tardiña para o recital poético cuxo suxeito é a obra de Elvira Riveiro Tobío Carnaia Haikai, en editorial Caldeirón.

Recitan a propia autora Elvira Rivero acompañada pola/os poetas Paco Souto, María Lado, Alberte Momán, Edu Estévez e Emma Pedreira.

O libro Carnaia Haikai foi o ganador do 6º premio de poesía erótica "Illas Sisargas". Dispoñemos de exemplares do libro. Se desexades adquirir algún exemplar  podedes poñervos en contacto con nós por correo-e anpacaramecheiro@gmail.com ou no teléfono 607 446 536.

Nos vindeiros meses continuamos coas seguintes lecturas. Non fai falta dicir que estades toda/os invitadas 
  • Las sultanas olvidadas de Fatema Mernissi e da editorial Quinteto, será para o 21 de marzo.
  • La hija del este de Clara Usón será para o 25 de abril. Haino no círculo de lectores.

11 febrero 2013

Viaxe a Manzaneda

A asociación Arrecó mandounos un convite para que participemos da excursión a Manzaneda que están a organizar. Tedes todos os detalles na súa páxina web.

22 enero 2013

Xa tedes á vosa disposición, na páxina WEB do IES o número 3 da revista OLLOS de AULA, editada pola Coordinadora Galega de ENDL e que vai dirixida ás familias do alumnado.


Tamén pódese descargar aquí.

19 diciembre 2012

Por outra saída da crise

 A Alianza Social Galega, da que facemos parte a través da CONFAPA, convoca mobilizacións para o vindeiro 20 de decembro en varias localidades do noso país contra as últimas medidas adoptadas polo Goberno de Mariano Rajoy. En Ribeira, haberá unha concentración na Praza do Concello ás oito da tarde.

Este Goberno prosegue a súa política de destrución do sistema educativo público cos recortes e coa nova reforma educativa (LOMCE) que combate os principios de comprensión, equidade e calidade, para consolidar un ensino dual mediante a estratexia de abandonar á súa sorte a educación pública e potenciar a privada concertada, ao tempo que converte o sistema educativo nunha carreira de obstáculos, insuperables para quen ten máis dificultades de aprendizaxe e menos recursos económicos.

O anteproxecto presentado, imbuído de afán privatizador e mesmo subvencionador de centros que segregan alumnado por razón de sexo, serve de máscara para afondar nunha reforma ideolóxica do sistema educativo segregadora, elitista e selectiva. Supón un retroceso na xestión democrática dos centros, impón reválidas para conseguir o título de ESO e bacharelato, desbota a educación en valores e amosa un desprezo total polo galego e pola conformación plurinacional, plurilingüística e pluricultural do Estado.

Rexeita aspectos como a equidade, a igualdade de oportunidades, a atención á diversidade, a atención individualizada; e incrementa as ratios e as horas lectivas do profesorado, que repercutirán no empeoramento da calidade do ensino e no abandono e fracaso escolar.
Reforza a confesionalidade, é contrario ao ensino laico e mantén o ensino de relixión no currículo escolar.

Hai máis motivos para a mobilización. Pódelos ver no manifesto adxunto. Entre eles destacan a decisión do Goberno de non revalorizar as pensións, os recortes na sanidade e Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar a normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.

17 diciembre 2012

Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e promoción da sanidade pública

A ANPA Caramecheiro do IES número 1 de Ribeira, como asociación membro da Plataforma SOS Sanidade Pública da Barbanza, ven de remitir este texto ás deputadas e deputados do Parlamento Galego para que apoien a Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa e promoción da sanidade pública que será defendida o vindeiro martes:

Solicitámoslle o seu apoio á toma en consideración da ILP en defensa da sanidade pública.
Garantir por lei o dereito á saúde e á asistencia sanitaria no sistema público, con xestión e financiamento público, e respectando as áreas de saúde, daríalle seguridade á cidadanía, preocupada e temerosa neste momento polo futuro en xeral e polo futuro da sanidade pública en particular.
Apoiar esta iniciativa lexislativa, avalada por moitos miles de persoas coa súa sinatura e ilusión, é unha demostración de que este Parlamento está en contra da privatización e de que o lucro e o negocio se fagan a costa da nosa saúde.
Esperando o seu apoio, reciba un saúdo

10 diciembre 2012

Escola Deportiva de Actividade Física, Lúdica e Lixeira



A ANPA Caramecheiro puxo recentemente en marcha para o este curso 201/2013, unha Escola Deportiva de Adultos de Actividade Física, Lúdica e Lixeira que será impartida por un profesional licenciado en Educación Física. 

Esta actividade está dirixida  a todas familias do centro:
Días: martes, xoves e venres
Horario: de 20.30 a 21.30 h
Prezo: 15 euros/mes (socios) e 20 euros/mes (non socios)
Lugar de realización: Pavillón polideportivo do I.E.S. Nº1
Inscricións: as inscricións poderán facerse nos días, horas e lugar indicados

Se precisades máis información podedes enviar un correo electrónico a anpacaramecheiro@gmail.com