Vemos na Voz de Galicia de hoxe que Ribeira contará cunha sección da Escola Oficial de Idiomas o próximo curso. É unha boa nova. Cando na ANPA soubemos que a Escola Oficial de Idiomas que está a funcionar no noso Instituto ía a desaparecer, estivemos a falar do asunto cos profesores e amosamos o noso apoio para que non desaparecera.
Non parecía viable que os os rapaces tivéranse que trasladar ata Noia para atender as clases.
17/4/08
28/2/08
Responsabilidade, liberdade?
El Adarve é un blog que leo con frecuencia. Vale a pena botar unha ollada de cando en vez. A entrada de hoxe titúlase "Filete de profesor". E nela cuestionase porqué en moitos centros de ensino non hai papel hixiénico nos baños. A resposta a bote pronto pode parecer obvia, mais se profundamos nas implicacións educativas deste costume, quizais non sexa tan obvio. I é que non hai responsabilidade sen libertade.
Botade tamén unha ollada aos comentarios.
Foto de anyjazz65
22/1/08
Colabora cos profes, ca ANPA e cos teus fillos e fillas
A ANPA do IES número 1 de Ribeira cree que unha das misións máis importante que ten é a de colaborar na Educación dos nosos fillos e fillas co profesorado. Para iso entre outras cousas, temos que intercambiar ideas e experiencias e buscar xuntos solucións aos problemas que se expoñan, tanto os referentes aos nosos fillos como ao centro en xeral.
E niso estamos, e así témosllo demandado á dirección e ao profesorado do Centro. Eles tamén están moi receptivos cas nosas propostas, e estámonos a reunirnos con eles para concretar a nosa colaboración.
Polo de agora, o equipo de profesores que coordinan a biblioteca e o equipo de normalización lingüística xa ten concretada a nosa participación nun proxecto que están a poñer en marcha.
Trátase dun arquivo de recursos para o profesorado que os familiares esteamos dispostos a ofertar para desenvolver a actividade educativa fora do centro, ou de algún recuso que se poda aportar as actividades no centro.
¿Que é iso que demandan? Pois nada en concreto e moitas cousas xuntas. Como sabedes é conveniente que a practica educativa estea adaptada as circunstancias do entorno. Por iso tal vez ti coñezas a un armador dun barco pesqueiro que poda ser visitado polos rapaces e rapazas; ou saibas dun muíño que poda servir para explicar nunha aula de tecnoloxías como eran estas fai uns anos e ver no sitio como funcionan as súas diferentes partes; ou quizais o avó poda dar unha clase maxistral de música porque é un “virtuoso da gaita”; ou coñezas a un empresario que teña un negocio que pode ser interesante para os rapaces; ou... As propostas son infinitas. Agora só tes ti que transmitírnolas.
O feito que propoñas unha idea, non quere dicir que se vaia a utilizar. Simplemente é un recurso co que poden contar os profesores e profesoras para o ensino.
Por favor, tómate un pequeno esforzo en pensar en eses recursos e poñelos á disposición dos teus fillos e fillas e dos seus compañeiros. Paga a pena.
Só necesitamos. O teu nome e datos de contacto, o recurso proposto cun pequeno comentario das actividades que se podan desenvolver, do que se pode ver alí. O enderezo do recurso. O nome e os datos de contacto da persoa responsable do mesmo. E algunha observación que queiras facer sobre o mesmo. Se tedes unha foto tamén podería ser interesante.
Este é un modelo para que vos poda servir de referencia.

9/1/08
Campaña esquí 2008

A Deputación da Coruña está a promover unha campaña de esquí para rapazas e rapaces de entre 10 e 13 anos ambos inclusive en Sierra Nevada.
Se vos interesa, podedes inscribirvos ata o 28 de xaneiro no Concello. A cota de inscrición é de 95 euros, e a quenda para o Concello de Ribeira é do 9 ao 16 de febreiro. Na páxina web de deputación tendes toda a información.
5/12/07
Suspensos en prevención de incendios

Hoxe o publica La Voz de Galcia (a foto tamén é de eles) Frustrado simulacro de incendio no Instituto Número Un. Non pasa nada se os erros sérvennos para aparender.
Para iso son as avaliacións. Nós os familiares temos que poñer en valor estas actividades para que os rapaces tomen en serio estes adestramentos para emerxencias.
4/12/07
Comentando PISA
Interesante artigo de El País sobre as valoracións que se fan ao informe PISA sobre calidade do ensino Avisos para no quedar en evidencia comentando PISA.
As receitas que propón o autor:
As receitas que propón o autor:
- ver menos televisión,
- pasar máis tempo cas nais e pais,
- dar máis prestixio aos profesores,
- aumentar a popularidade dos empollones
- instruír deleitando.
28/11/07
Invitación ao teatro
Mañá, xoves 29 de novembro ás 20:30 o Grupo de teatro do IES nº 1 de Ribeira “Jakunamatata” fará unha representación co motivo da conmemoración do 25 de novembro “Día Internacional contra a violencia ás mulleres”.
Esta representación está especialmente dirixida os pais/nais do alumnado do Centro e estaría ben que acudísedes.
Esta representación está especialmente dirixida os pais/nais do alumnado do Centro e estaría ben que acudísedes.
21/11/07
Novas educativas na prensa local
Hoxe, a edición comarcal da Voz de Galicia ven cargada de novas educativas.
O Instituto Número Un fará un acto en recordo de todas as vítimas de maltrato este ano. Van conmemorar, con diversas actividades dende hoxe ata o venres, o día contra a violencia contra as mulleres que terá lugar o día 25. Participará o grupo de teatro do instituto Jakunamatata dirixido polos profesores Purecha Rodríguez, Carlos Pereira e Carmen Segade.
Onte celebrouse o Día Universal dos Dereitos dos nenos, e con ese motivo xuntáronse no Concello varios centenares de alumnos de ESO.
Parece que tamén as Autoridades do Concello están a poñerse en contacto cas Autoridades Educativas para arranxar algúns problemas no transporte escolar de estudantes de ESO. Os pais ben sabemos dos problemas dos transportes (especialmente naqueles lugares afastados do centro), mais non é admisible que os rapaces teñan que camiñar un quilometro para achegarse á parada do autobús.

15/11/07
Escola de Pais de Renacer

Temos recibido na asociación unha invitación da Asociación Antidroga Renacer para a creación ou participación nunha escola de pais con os nosos asociados.
Renacer é ben coñecida por todas as xentes de Ribeira. Leva moitos anos loitando cotra a droga. Mais tamén leva xa moitos anos facendo a súa Escola de Pais (esta é xa a súa XV edición) que ten un grande recoñecemento entre os educadores non só de Barbanza senón de toda Galicia.
Eles dannos a oportunidade de organizala no xeito que nós queiramos. Podemos facela de forma continuada ao longo de varios meses, ou ben organizando obradoiros de contidos específicos.
Sería unha magoa que deixásemos perder esta gran oportunidade que están a brindarnos. As nais e os pais somos os principais responsables da educación dos fillos, e estes non ven con un manual de instrucións. Porén estas Escolas de Pais poden ser unha inmellorable oportunidade para formar nos.
2/11/07
Inmigración Hoxe - Curso semipresencial
No Centro ECCA de A Coruña levaraise a cabo os próximos días 5, 12, 19 e 26 de novembro en horario de 18:30 a 21:00 h un curso semipresencial sobre Inmigración Hoxe que se combinará o traballo na casa (fichas para completar con clases gravadas en audio).
Entre outros esta dirixido ás nais e aos pais das ANPAS.
Obxectivos do curso son:
- Sensibilizar á poboación sobre o fenómeno migratorio.
- Delimitar o concepto de inmigración.
- Analizar as causas e consecuencias do fenómeno migratorio.
- Tomar conciencia, recoñecer e cambiar algunhas ideas erroneas acerca da poboación inmigrante.
- Analizar os movimentos migratorios dende un punto de vista histórico.
- Describir o marco legal
- Analizar as consecuencias que xenera nos/as inmigrantes o abandono do seu país de orixe: os duelos
Radio ECCA Fundación
R/ Bugallal Marchesi, 9, baixo A
Tfno: 981 293 658.
acoruna[arroba]radioecca.org
Poñéndonos en marcha
Antonte tiveramos a primeira reunión da Xunta Directiva tra-la Asemblea. Dúas novas vogais honrárannos ca súa presenza e as súas gañas de traballar.
A reunión prolongouse durante máis de dúas horas, pero non abondou para poñer para poñer en marcha todas as cousas que estamos a argallar. De algunha de elas xa soubeches pola Asemblea.
Agora úrxenos poñer en marcha as actividades para o presente curso, mais non queremos facelo sen contar con todos os interesados:

- Queremos que o alumnado se manifeste. ¿Que actividades queredes facer? ¿Que é o que esperades do Instituto ademais das clases? Xa que vos non o manifestades directamente, ímosvolo preguntar, e haberá algunha sorpresa para aqueles de vos que nos deades as mellores respostas.
- Tamén queremos colaborar co profesorado. Vos sodes os expertos en Educación e saberedes asesorarnos nas actividades máis axeitadas, e no modo de facelas máis atractivas ao alumnado. Tamén achegámosvos unha man para cubrir aqueles ocos ou carezas nas que necesitedes a nosa axuda.
- As familias tamén témonos que implicar un pouco máis. Podedes poñervos en contacto con nós e achegarnos as vosas inquedanzas, preguntas, axudas, etc. Podedes contactar con nós polo correo electrónico, por carta no Instituto o en persoa cando nos reunamos a Directiva. A vindeira reunión da Directiva será o luns día 12 no instituto as sete e cuarto da tarde. Achegádevos.
24/10/07
¿Qué é isto?
Isto é o blog, bitácora ou caderno de bitácora da Asociación de Nais e Pais Caramecheiro do Instituto de Ensino Secundario número 1 de Ribeira.
En Ribeira, pobo mariñeiro como poucos, todo o mundo sabe o que é un caderno de bitácora. É o libriño que ten o patrón ou capitán do barco no que vai anotado as posicións do mesmo, o tempo que fai e todos aqueles acontecementos destacables da vida de abordo.
No noso caderno de bitácora ou no noso blog imos a anotar tamén todas aquelas cousas que acontecen no instituto ou que son importantes para os nosos fillos ou para todos nós.
Mais non queremos que quede a comunicación vaia nunha soa dirección. Tamén desexamos que si tedes algo que contar o fagades ben no recuncho de comentarios as novas que imos publicando ou ben a través do correo electrónico e nós o publicaremos ben na páxina web, ou ben no blog.
Cas novas tecnoloxías podemos publicar as novas que vaian xurdindo dun xeito moi sinxelo e dinámico, pero tamén vos podedes contestar para matizalas cas vosas opinións, para completalas aportando máis información ou para o que queirades.
Quizais no futuro podamos colgar un foro ou unha lista de correos nos que a participación sexa moito máis dinámica entre todos nós. Mais polo de agora imos poñer en marcha este aparello.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)