6/12/11

A Neta do Señor Linh


Coma outros anos, está en marcha o club de lectura do IES número 1. Este é un espazo aberto ao alumnado, ás familias, ao profesorado e ao público en xeral. Trátase de ler un libro que acordamos entre todas as persoas que participamos do club para falarmos de el nun ambiente distendido. Estamos a ler un libro por mes, e despois xuntámonos no Ateneo Valle-Inclán (na primeira planta do Bar Plaza) para comentar a súa lectura.

A proposta para este mes é A neta do Señor Linh de Philippe Claudel publicado por Rinoceronte Editorial. Trátase dunha novela moi poética que conta a historia dun avó e a súa neta, únicos sobreviventes da familia, que emprenden unha viaxe ao descoñecido fuxindo de todo aquilo que lles encheu a súa vida ata entón.

A reunión no Ateneo terémola o vindeiro xoves día 15 de decembro. A neta do Señor Linh é unha novela breve, ideal para un intre de paz e tranquilidade. Tamén está publicado en castelán co título La nieta del Señor Linh.

No hay comentarios: