

VISITA PROGRAMADA DE ORIENTACION A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
DIA 9 DE FEBREIRO DE 2012
INFORMACION DE PERCORRIDOS E FOLLA DE AUTORIZACION
1. Asistir ás familias do alumnado que cursa os seus estudios no IES número 1 de Ribeira en todo aquilo que afecte á educación deste alumnado.
2. Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.
3. Promover a participación das familias das alumnas e alumnos na xestión do Centro, a través dos órganos correspondentes, facilitando a súa participación no Consello Escolar do Instituto, e asistíndoas no exercicio do seu dereito a intervir no control e xestión do Centro.
4. Estimular a participación das familias na programación xeral do ensino, a través dos órganos colexiado correspondentes.
5. Fomentar as relacións de cooperación do Centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do entorno.
6. Promover a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do Centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado sen discriminación por razóns socioeconómicas, ideolóxicas, confesionais, de raza ou de sexo.
7. Requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e planos de actuación relativos á educación, demandando a atención e axudas que esta merece.
8. Promover actividades formativas, culturais e de estudio.
9. Promover reunións de colaboración das familias co profesorado, e as boas relacións entrambos colectivos.
10. Mellorar a nosa relación co centro para fomentar un clima escolar que favoreza o estudo e o desenvolvemento de cantas actuacións propicien unha formación integral en coñecementos e valores de alumnas e alumnos.
Para o cumprimento dos obxectivos mencionados levaremos a cabo as seguintes actividades e actuacións:
1. Manter un estreito contacto co profesorado, colaborando con el na educación do alumnado do centro. Afondar na apertura de canles de comunicación máis estreitas co IES, aproveitando as TICs e outros medios de comunicación non presenciais. Facer que a ANPA sirva de canal de transmisión de opinións e informacións entre o profesorado e as familias, e posibilitando o encontro entre ambos.
2. Demandar aos órganos colexiados do centro, dirección, titoras e titores e profesorado en xeral información sobre as programacións, planos e proxectos educativos, e de canto acontece no centro que poda ter incidencia na calidade do ensino e na educación das nosas fillas e fillos. Transmitir dita información ás familias, para que deste xeito podamos influír positiva e activamente na mellora do ensino, tanto de xeito individual como a través da ANPA.
3. Desenvolver actividades, xunto co profesorado e o alumnado para mellorar do rendemento de estes. Tratar de suplir –na medida das nosas posibilidades– as actividades extraescolares que o profesorado non van realizar por acordo do Consello Escolar como medida de presión contra os recortes no ensino.
4. Respectar e fomentar o respecto as normas da comunidade educativa e aos seus compoñentes, dándoas a coñecer, participando activamente do observatorio da convivencia e colaborando na promoción do Plan de Mediación.
5. Tomar as iniciativas necesarias para a posta en marcha dun Consello Escolar Municipal participativo, en coordinación con outras ANPAs e ca Federación de ANPAs.
6. Tomar unha posición sobre os recortes en Educación, e facer canto estea na nosa man para a mellora do Ensino Público e o mantemento da súa calidade. Procuraremos a colaboración co profesorado, outras ANPAs do Concello e as federacións de ANPAs.
7. Servizo préstamo de libros de texto. O obxectivo é que o alumnado coide do material escolar, e aprenda a valorar a reutilización dos materiais, achegando ao Centro á plena realización do principio de gratuidade do ensino.
8. Coordinarmos con outras asociacións para propoñer ao Concello melloras sobre ensino, a cultura e o deporte, particularmente para a xuventude. En concreto daranse os pasos necesarios para :
1. Melloramento da oferta lúdica da xuventude, prestando especial atención á franxa de idade entre 16 e 18 anos
2. Facilitar a utilización dos espazos públicos á mocidade e ás asociacións do Concello.
3. Mellora da mobilidade no concello que incluirá:
1. Dotación de transporte para as actividades extraescolares
2. Promoción da bicicleta como medio de transporte
4. Outras propostas xa demandadas con anterioridade.
9. Vixiar o servizo de transporte escolar e tomar medidas encamiñadas á súa mellora.
10. Xestión das taquillas para facilitar ao alumnado un lugar apropiado para gardar o material escolar.
1. Consideramos que é básico a mellora das comunicacións entre o alumnado e a ANPA. Para iso trataremos de establecer unha canle de comunicación directa co alumnado.
2. Colaborar co departamento de orientación, a dirección e o profesorado no desenvolvemento de actividades de orientación de estudos e profesional ao alumnado. Compre subliñar que xa está en marcha a participación do alumnado de bacharelato e —de ser posible— das súas familias no Salón de Orientación Universitaria UNITOUR.
3. Ofertaremos aquelas actividades que sexan demandados polo alumnado. Algunhas propostas poden incluír as seguintes:
a. Obradoiros. Clases de música non formais (Creación de banda de música rock), teatro, danza, pintura, etc.
1. Actividades deportivas: Baloncesto, fútbol, ximnasia rítmica, etc.
4. Apoiar e promover o equipo feminino de voleibol que xa está a adestrar e participar en competicións oficiais en Galicia. Tratar de que participen no equipo varóns e alumnado doutras idades.
5. Actividades sobre prevención de accidentes impartidas pola asociación Stop Accidentes (en colaboración coa Dirección do IES).
6. Viaxe (ou viaxes) que podan ser interesantes e formativos para o alumnado e que serán definidos coa súa colaboración e coa das familias.
7. Excursión para campionato deportivo. É unha actividade lúdica demandada polo alumnado que organiza a ANPA co obxecto de mellorar o interese o alumnado e das familias na nosa asociación, e facilitar a interrelación e a convivencia entre o alumnado dos distintos cursos.
8. Excursións ou campamento fin de curso. Actividades lúdicas, ambientais, deportivas, educativas e culturais (Aínda por definir)
9. Outras actividades lúdicas
4. Actividades para toda a comunidade escolar
1. Club de lectura. Xa posto en marcha.
2. Videofórum. Pretende que sexa un espazo de debate entre os membros da comunidade escolar e outras persoas do Concello. Interesaría a participación de alumnado, profesorado e familias.
3. Promover o uso da bici. Instalación de aparcabicis. Planificar ou colaborar activamente co día da bici. Trátase de normalizar o uso da bicicleta nos desprazamentos da xuventude do Concello e de toda a comunidade escolar.
4. Concurso para a realización da web da ANPA por parte de alumnado de informática. A ANPA dotaría o concurso con premios atractivos para o alumnado. Necesario o apoio do departamento de Informática. A idea é que o alumnado aprenda facendo algo útil para a comunidade escolar. Ademais, preténdese que aumenten as visitas á nosa web polo feito de ser unha ferramenta desenvolvida por eles. Deste xeito poderíase mellorar a interacción entre toda a comunidade escolar.
1. Escola ou escolas de nais e pais segundo a súa demanda. Algunha delas podería ser impartida por Renacer.

Máis información sobre o Salón de Orientación Universitaria nesta ligazón http://www.unitour.es/unitour_Coruna.htm.
A asociación antidroga Renacer convídanos ás súas escolas de nais e pais. Estas escolas organízanas tanto de xeito continuado como de forma puntual. Se queredes asistir ás escolas continuadas podedes contactar con eles directamente. Tedes os detalles na web de Renacer.